Incertidume no xeito ó descoñecer a cota de sardiña para este ano

RIANXO> Dende o un de marzo, a flota do xeito pode pescar sardiña. A pesar da apertura, Galicia non sabe aínda de que cota disporá para este ano á espera de chegar a acordo con Portugal para o plan de xestión da especie.

Aínda que timidamente, a flota do xeito comezou esta semana a campaña da sardiña. En Rianxo, apenas tres embarcacións están dedicándose a este especie cun tope de trinta quilos por embarcación e tripulante.

Á espera de chegar a acordo con Portugal, a Consellería decidiu abrir a pesquería sen saber aínda o cupo correspondente para este ano. É por esta razón que tan só se teñen publicado os topes para o primeiro trimestre do ano.

Dende o sector agradan que a campaña  se prolongue ata a época de maior demanda e non se interrompa en pleno verán como aconteceu o pasado ano.

Comments are closed.