A concentración parcelaria de Troáns marcha a bo ritmo

    Cuntis. Alí José Manuel Cores Tourís mantivo unha xuntanza co alcalde e cos veciños da parroquia de Troáns, que atópase en proceso de concentración parcelaria. Hoxe quedou listo o informe que remitirán a Santiago coas alegacións ó primeiro borrador. Tralas existosas concentracións de Cuntis 2, Estacas e Piñeiro Estacas, que permitiron entregar nos últimos anos 1.403 títulos concentrando 1.071 hectáreas, os esforzos do concello de Cuntis e da Xunta está agora postos na zona de Troáns 2. Son en total 481 propiestarios que contan cun superficie global de 163 hectáreas. Unha representación dos veciños reuníuse co alcalde, Antonio Pena, e co Xefe de Servicio de Insfraestructuras Agrarias, Julián Alvira, para dar o visto bo ós recursos ó proxecto que serán enviados a Santiago. Ademais disto informouse ós veciños de que durante os vindeiros días, na casa do concello, exporase publicamente o proxecto da nova rede de camiños secundaria, para que os veciños poidan presentar alegacións. Tamén haberá unha explicación previa no Teleclub de Troáns, o día 29 ás 11 da mañá. Unha rede de case 7 quilómetros, a meirande parte deles sen asfaltar. Tanto o alcalde como o delegado Cores Tourís amosáronse satisfeitos por seguir dando pasos na concentración parcelaria deste concello. Tamén agardan que cando se faga efectiva, as novas parcelas sexan utilizadas para poñer en marcha novos proxectos rendibles. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/22/parcelaria600_221013.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/22/parcelaria_221013.mp4{/flowplayer}