O BNG carga contra o equipo de goberno pola perda da bandeira azul en Mañóns

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/06/bngboiroperdabandeiraazulmanons0606141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/06/bngboiroperdabandeiraazulmanons060614.mp4{/flowplayer} BOIRO> Para a formación nacionalista esta situación responde a unha mostra máis da deixadez e o abandono no que o equipo de goberno está a sumir á parroquia de Abanqueiro. O BNG de Boiro amosou o seu malestar pola perda da bandeira azul no areal de Mañóns, na parroquia de Abanqueiro, botando por terra o traballo levado a cabo nos últimos anos. Os membros desta formación política fixeron alusión ós esforzos que tiveron que realizar varios veciños desta parroquia, que mesmo renunciaron as súas licenzas de explotación de chiringuitos, para contribuir á mellora das condicións deste areal, e que levaron á consecución da tan ansiada bandeiza azul e tamén á de Q de calidade. Dende o BNG acusan ó actual equipo de goberno de deixadez. Segundo eles a falla de previsión do executivo que non controlou dous pozos de bombeo que verten directamente a dous regatos que desembocan na propia praia, foi unha das razóns que provocou a perda da bandeira azul debido á mala calidade das augas. Para o BNG esta situación é unha mostra máis do abandono na que o executivo local ten sumido á parroquia de Abanqueiro.