Non ao copagamento de medicamentos a doentes crónicos

    BARBANZA> O BNG do Barbanza presentará en tódolos concellos do Barbanza mocións tipo a través das que pretende instar á Xunta de Galicia a eliminar esta medida.

    Para os membros do Bloque Nacionalista Galego do Barbanza, a medida que o Goberno Cental estableceu para aqueles pacientes con enfermidades crónicas, como poden ser o cancro, a artrite reumatoide ou a dexeneración muscular, que agora deben achegar unha cantidade para sufragar as súas mediciñas, é totalmente disparatada. Segundo eles, esta proposta vén a sumarse a outras iniciativas impulsadas dende o Goberno que van en prexuízo das clases máis baixas, supoñendo unha carga máis para as súas, xa de por si, mermadas economías. Naqueles concellos nos que gobernan os nacionalistas, como é o caso do de Rianxo, estase a estudar a posibilidade de entrar a financiar ese 10% que deben pagar os doentes. Os nacionalistas pretenden acadar un acordo das corporacións locais para instar á Xunta a que demande a derrogación desta resolución pola que o Goberno Central establece un novo copagamento e que non se aplique na nosa comunidade autónoma. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/21/bngbarbanzacopagomedicamentos211013.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/21/bngbarbanzacopagomedicamentos211013.mp4{/flowplayer}