Maiores de 65 e sanitarios: obxectivos da campaña antigripal

[

PONTEVEDRA> A xunta investiu máis de dous millóns de euros en 590.000 doses, que irán destinadas sobre todo a maiores de 65 anos e grupos de risco, como poden ser enfermos crónicos ou o persoal sanitario. Non é grave pero non convén banalizar a gripe. É a mensaxe que nos queren transmitir desde a Xunta no día de apertura dunha nova campaña de vacinación antigripal e antipneumocócica. Ata o vindeiro 20 de decembro poderanse vacinar as persoas de sesenta ou máis anos de idade e as pertencentes a grupos de risco. Os obxectivos para esta campaña son acadar unha cobertura superior ó 65 por cento na poboación maior de sesenta e cinco anos, e que máis do 35 por cento dos traballadores sanitarios se vacinen. Uns obxectivos, que por exemplo, na pasada campaña quedaron moi por debaixo, sendo ademais os peores datos rexistrados desde o 2001. 2009 foi o último ano no que máis xente se vacinou, coincidindo co brote da gripe pandémica. A Xunta investiu nesta campaña 2,2 millóns de euros e adquiriu 590.000 doses. Na provincia de Pontevedra hai 250 puntos de vacinación e desde Sanidade solicitan á poboación non acudir masivamente os primeiros días da campaña. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/21/vacinagripe.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/21/CAMPANA_VACINACION_GRIPE_211013.mp4{/flowplayer}