Luciano Sobral aposta por un sentido único e ampliación das beirarrúas na Caeira

Pontevedra> O alcalde de Poio falou esta mañá sobre a reunión que goberno e veciños da Caeira mantiveron o pasado venres. Sobral continúa apostando por un modelo de circulación neste espazo que potencia un único carril para poder ampliar as beirarrúas. Un proxecto sobre o que están reflexionando dende o concello e que será licitado, segundo dixo o rexedor esta mañá, no primeiro trimestre do 2018. Pese a negativa de algúns veciños dende o Goberno de Poio teñen claro que o modelo de circulación que eles defenden é o óptimo para A Caeira. Dende o Goberno apostan por un carril único e a ampliación das beirarrúas, Sobral considera que apostar polo posicionamento dalgúns veciños sería un grave erro. O alcalde de Poio lembrou que moitos dos servizos da Caeira son de finais dos anos 60 e que polo tanto están moi deteriorados. Por iso considera que é o momento de actualizalos. Con esta reorganización do tráfico Sobral lembra que o único que están a facer e axudar e dar comodidade os veciños desta zona do concello. Sobra si que dixo que dende o Goberno reflexionarán sobre este proxecto para elixir a mellor opción. Con todo o rexedor dixo que se retrasará un pouquiño a licitación desta iniciativa, que estará lista, segundo anunciou esta mañá, no primeiro trimestre do 2018.