Medio Rural e do Mar destinará 403.000 euros á mellora de camiños rurais na comarca

BARRO> É o que presentou esta mañá no concello de Barro o delegado da Xunta, José Manuel Cores Tourís. As actuacións fanse con cargo ó Plan Marco. Un Plan Marco que xurdiu dende a Xunta de Galicia para mellorar os camiños rurais da comunidade e que este ano destina á provincia de Pontevedra 2,7 millóns de euros. Deses cartos, 403.000 euros van a parar a camiños dos concellos da comarca de Pontevedra. En total se mellorarán un total de 5,5 quilómetros de camiños rurais. As obras teñen un prazo de execución de seis meses polo que estarán rematadas antes do 30 de xuño de 2014. Por outra banda, tanto Cores Tourís como José Antonio Landín referíronse os procesos de concentración parcelaria abertos neste concello, un dos proxectos prioritarios para este municipio eminentemete rural. Con respecto a este asunto, indicaron que a concentración parcelaria de Agudelo Barbadiña avanza a bo ritmo e atópase finalizando o proceso de replanteo polo que ó longo de 2014 ou comezos de 2015 esperan poder entregar os títulos de propiedade. Tamén se amosou a vontade de reactivar os procesos nas zonas de Curro-Portela e Perdecanai Barro. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/21/marco600_211113.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/21/marco_211113.mp4{/flowplayer}