102 anos como cidadá do mundo

PONTEVEDRA> Naceu en 1911. Defínese como cidadá do mundo, xa que naceu en Sanxenxo, viviu 29 anos en Barcelona e agora reside en Pontevedra. Di que o segredo é vivir ben sen odio, sen rancor, e sobre todo con moito amor. Aquilina Alonso, Quila, como lle gusta que lle chamen, di que hoxe volveu nacer. Cumpre 102 anos dunha vida plena e feliz, como ela mesma recoñece. Defínese como cidadá do mundo, porque aínda que naceu en Sanxenxo viaxou moito. Hoxe en día vive en Pontevedra despois de longos anos de estadía en Barcelona. Dalí voltou cando faleceu o seu marido, ó que por certo, coñeceu, como non podía ser doutro xeito, na cidade dos namorados. París. Segundo Quila, este é o único segredo para gozar dunha vida tan longa. Querer e sentirse querida. Coidar a beleza interior, e sobre todo a exterior, porque unha, aínda con 102 anos, debe seguir sendo presumida. Como pontevedresa de adopción esta mañá recibíaa o alcalde da cidade. Un Miguel Anxo Fernández Lores que se acicalou para a ocasión, lucindo gravata. Quizáis porque sabía do esixente da cumpreañeira. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/21/CUMPREAQUILINA.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/21/CUMPRE_AQUILINA_ALONSO.mp4{/flowplayer}