“No amor non hai ataduras”, un cartel para loitar contra a violencia de xénero

PONTEVEDRA> A pontevedresa Nuria Dacosta, alumna do IES Sánchez Cantón, ven de obter o 2º premio na categoría de imaxe gráfica do concurso organizado pola consellería de igualdade para conmemorar o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero. O cartel galardoado lembra que no amor non hai ataduras.

“No amor non hai ataduras” é o lema que berra o cartel deseñado pola pontevedresa Nuria Dacosta, co que obtivo o 2º premio de imaxe gráfica no concurso organizado pola consellería de igualdade con motivo do 25N.

Para promover a igualdade de xénero, no IES Sánchez Cantón, no que Nuria estuda 4º da ESO, contan cun Consello da Muller Nova, un grupo de traballo que dende o curso pasado funciona en centros de secundaria de Pontevedra.

O seu é un traballo a longo prazo que pouco a pouco da os seus froitos.

Un esforzo máis para loitar contra actitudes de violencia de xénero na adolescencia.

No Sánchez Cantón hoxe conmemoraron o 25N e lembraron ás mulleres falecidas no 2018, vítimas da violencia de xénero.