O temporal deixa escasas incidencias en Barbanza

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/12decembro/28/incidencias_temporal2812151.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/12decembro/28/incidencias_temporal281215.mp4{/flowplayer} BARBANZA> As rachas de vento que chegaron a acadar os noventa quilómetros por hora deixaron contedores e ramas caídas. Tamén as fortes precipitacións provocaron anegamentos nalgunhas estradas. A profunda borrasca que afectou a Galicia esta pasada noite e fundamentalmente na xornada da mañá, apenas deixou danos destacables nas comarcas do Barbanza e Muros-Noia. As fortes chuvias e o vento, con especial forza no litoral, tiveron as consecuencias habituais dos temporais deixando ó seu paso contedores tirados polo vento, árbores caídas e algún que outro camiño anegado. En Lousame rexistrouse uns dos refachos de maior intensidade de toda a comunidade con preto dos 103 km/h, e en Sálvora recolléronse uns 65 litros por metro cadrado. No mar a flota permaneceu amarrada durante toda a xornada, e as previsións é de que continúe nos próximos días. Aínda así agárdase a que a situación meteorolóxica mellore de cara a xornada de mañá, con chuvias xeneralizadas e ventos de menor intensidade que virán acompañados dun descenso térmico, aínda que o nivel de alerta baixará xa a amarela.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí