Os patróns piden medidas sociais para paliar a crise do libre marisqueo nos Lombos

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/08agosto/14/reunion_patrons_maiores.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/08agosto/14/reunion_patrons_maiores.mp4{/flowplayer}

 

VILAGARCÍA> O sector do marisqueo esixe solucións. A pouco máis dun mes do arranque da campaña de libre marisqueo na ría de Arousa, a Xunta continúa sen presentar medidas para a rexeneración dos Lombos do Ulla, un dos bancos máis importantes da zona. As perspectivas para a campaña son máis que negativas, por iso piden que se busquen medidas de carácter social para non deixar descubertos os mariscadores.

O calendario avanza e achégase o momento da apertura da campaña de libre marisqueo. O que non chega son as solucións da Xunta para a drástica redución de produtividade que se ven rexistrando nos Lombos do Ulla, un dos bancos máis importantes da ría de Arousa.

Patróns e técnicos da Xunta remataron este novo encontro sen acordos en materia de rexeneración. Pero cando abra a campaña, serán moitos os mariscadores que se boten a traballar: se non pode ser nos Lombos, buscarán outras zonas.

Preocupa especialmente o desamparo no que se atoparán os que non poidan traballar pola falta de recursos. Por iso, no encontro de hoxe plantexaron a necesidade de buscar medidas sociais que mitiguen os danos.

Tamén teñen claro que non queren máis parches. Para os patróns, é necesaria a creación dun plan de marisqueo a nivel galego, que afronte con fondura os problemas dos bancos.

Os técnicos e os patróns emprazáronse a un novo encontro nun prazo de quince días, para seguir traballando na procura de solucións que iluminen o futuro do marisqueo na ría de Arousa.