Panos Brancos Contra a Droga reunirá en Fontecarmoa a 150 xóvenes

VILAGARCÍA> Por cuarto ano consecutivo a Fundación Galega Contra o Narcotráfico organiza o seu torneo Panos Brancos contra a Droga. Terá lugar este venres, no pavillón de Fontecarmoa e nel participarán 6 colexios e máis de 150 nenos. A cuarta edición do torneo Panos Brancos Contra a droga reunirá a 150 alumnos de seis centros vilagarciáns: os IES Bouza Brey, Castro Alobre, Miguel Ángel González e Armando Cotarelo e os colexios San Francisco e Filipenses. A partir das 10:30 disputaranse dous torneos paralelos en Fontecarmoa, un de futbol-7 para nenos e nenas de 3º e 4º da ESO e outro de baloncesto para 1º e 2º da ESO. Cada centro acude cun equipo, que será mixto, e os seis conxuntos serán distribuídos en dous grupos de tres que disputarán sendas liguiñas. Os gañadores de cada unha delas, mediranse na final. Isto é o meramente deportivo, porque o trasfondo é totalmente social. Unha iniciativa coa que se quere seguir traballando na prevención do consumo de drogas por parte dos adolescentes e ensinarlles os valores que se adquieren a través da práctica do deporte. No acto desta mañá estiveron representados os seis centros que participarán no evento. Todo eles portarán a súa propia bandeira o venres antes do inicio dos encontros e tomarán parte da lectura do Manifesto contra a Droga. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/23/drogas600_231013.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/23/drogas_231013.mp4{/flowplayer}