O Grove estreará en verán nova depuradora

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/01xaneiro/14/edar_grove.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/01xaneiro/14/agustin_hernandez_edar_grove.mp4{/flowplayer}

    O GROVE> A nova estación depuradora do Grove entrará en funcionamento este verán. Así o asegurou esta mañá o Conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, nunha visita ás obras que se atopan ó 70 % da súa execución.

    O Grove acadará no verán o saneamento pleno das súas augas residuais grazas á posta en marcha da nova EDAR de Porto Meloxo. O Conselleiro de Medio Ambiente Agustín Hernández visitou hoxe as obras desta instalación que van polo 70% da súa execución. Esta depuradora virá á suplir as carencias da existente actualmente neste Concello e cubrirá o crecemento expoñencial da poboación grovense no estío, época de máxima afluencia de visitantes. A súa capacidade é de 40.000 habitantes, o que supón un caudal de tratamento de ata 415 metros cúbicos por hora.

    O Alcalde, Miguel Ángel Pérez valorou moi positivamente esta actuación neste Concello que vive en gran parte da riqueza que xera o mar, directa ou indirectamente, así coma das súas paisaxes e da pureza das súas augas.

    Amais desta depuradora, este ano poranse en funcionamento outras tres, unha delas en Corrubedo. A de Ribeira terá que agardar ata o 2015. A maiores comezou a fase de probas para outras estacións depuradoras, entre elas a de Esteiro, en Muros. En Cambados, as obras de saneamento do Saco de Fefiñáns entran en prazo de valoración das ofertas, co que se licitarán nos vindeiros meses, antes do verán, en calquera caso.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí