SANXENXO> O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou esta mañá o mercado de abastos de Portonovo, no concello de Sanxenxo. Alí se van pór en marcha de xeito inmediato as obras de renovación destas instalacións municipais. Na visita tamén estivo presente a alcaldesa Catalina González. Os traballos consistirán, en concreto, na execución dunha nova fachada na zona das bancadas onde se venden froitas e verdura, que evite a entrada directa do sol, dando así sombra á sección de froitería, así como na construción dun novo almacén a disposición dos comerciantes na zona de acceso. Trátase dunha reforma moi demandada e necesaria polos praceiros. Unha zona que foi obxecto de varios remendos durante os últimos anos que non solucionaron o problema. A Xunta será a encargada de poñer tres cuartas partes dos cartos necesarios para levar a cabo os traballos. O 25% restante será posto polo concello. O montante global da actuación é de 41.000 euros. Segundo a alcaldesa as obras na Praza de Abastos de Portonovo comezarán de xeito inmediato. A intención é que os traballos estean rematados antes de finais de mes. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/23/praza600_231013.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/23/praza_231013.mp4{/flowplayer}
Inicio Salnés - Caldas








