O Concello de Boiro aparta temporalmente das súas funcións ao xefe da Policía Local

BOIRO> O concello de Boiro decide suspender temporalmente das súas funcións ó xefe da Policía Local, Manuel Feás, trala denuncia realizada contra el, por un grupo de axentes e exaxentes deste corpo. Entre outras cuestións acúsano de cometer presuntas irregularidades no cobro de multas e taxas.

Aínda que dende o Concello se mostran bastante cautos á hora de falar deste asunto, dado a súa gravidade, o que é certo é que a denuncia presentada contra o xefe da Policía Local por presuntas irregularidades cometidas no desempeño do seu cargo, segue o seu curso e acabará na Fiscalía. Mentres tanto o Concello segue recompilando datos nun informe interno, tanto de Secretaría coma de Intervención, que traten de esclarecer a veracidade da denuncia presentada contra o responsable da Policía Local por un grupo de axentes e exaxentes deste corpo.

Segundo o alcalde trátase dun problema grave, polo que hai que seguir os procedementos legais, sempre garantindo a súa presunción de inocencia.

Despois dun perído vacacional, Manuel Feás, debía incorporarse o seu posto de traballo no día de hoxe. Aínda así non o fixo, xa que o Concello decidiu notificarlle previamente a suspensión provisional das súas función mentres non se esclareza a súa situación.