PORTO DO SON> O accidente producíase cando circulaba por un vial, na zona da Tarela, a carón da AC-305, nas proximidades do cemiterio municipal. O sinistro tiña lugar a última hora da tarde de onte.
Un veciño de Porto do Son, con iniciais J.A.S.V., de 56 anos, perdía a vida a última hora da tarde de onte despois de precipitarse por este terraplén, duns dez metros de altitude, cando circulaba por un vial, na zona da Tarela, a carón da estrada AC-305, próxima ó cemiterio municipal.
Ademais dos efectivos dos parques de bombeiros de Boiro e Ribeira, así como tamén unha ambulancia do 061 e mesmo o helicóptero, aínda que finalmente non chegou a intervir, tamén participaron no operativo Garda Civil de Tráfico e Policía Local.