Continúa a busca do pescador desaparecido en Couso

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/03marzo/23/desaparicionpescadorcouso2303151.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/03marzo/23/desaparicionpescadorcouso230315.mp4{/flowplayer} RIBEIRA> Continúa a busca do pescador desaparecido este domingo en Couso. Medios ma marítimos, terrestres e aéreos rastrexan a zona comprendida entre o lugar da desaparición e a illa de Sagres. Polo momento, non hai rastro de Juan Manuel Tarela, de trinta e catro anos e veciños de Escarabote. Tres meses despois do afundimento do Paquito número dous que se saldou co tráxico balance dun morto e dous desaparecidos, o mar volve cobrarse unha vida na costa barbanzá. Juan Manuel Tarela, un mozo de Escarabote de trinta e catro anos, desaparecía na tarde do domingo mentres pescaba nunha zona rochosa de Punta Couso. Foi un veciño quen deu a voz de alarma ó ver como o mar arrastraba ó pescador que aínda se mantiña a flote. Inmediatamente desprazáronse ata a zona os efectivos de emerxencia pero xa non puideron localizar á vítima. A busca por terra e aire suspendeuse durante a noite aínda que o buque de Salvamento Marítimo si permaneceu na zona. A primeira hora da mañá retomábase o operativo que, polo momento, non tivo resultados. Á espera de ter novas sobre o paradoiro de Juan Manuel Tarela, veciños e amigos permanecen en Couso arroupados polos efectivos de Protección Civil que participan na busca. A nova causou tamén gran consternación no Barbanza posto que se trataba dunha persoa moi coñecida xa que levaba anos traballando coas asociación AMICOS.