UXT e CCOO mobilízanse xuntos para reclamar a suba do salario mínimo interprofesional

PONTEVEDRA> UXT e Comisións Obreiras inician un calendario de mobilizacións conxunto para reclamar a suba do salario mínimo interprofesional. A concentración foi hoxe diante da Subdelegación do Goberno en Pontevedra, e a intención é repetila o día 11 de cada mes. Os sindicatos reclaman, tamén, a reversión dos aspectos máis lesivos da Reforma Laboral e a derogación da Reforma das pensións.

O día 11 de cada mes UXT e Comisións Obreiras mobilizaranse de xeito conxunto en todo o Estado. ReclamaRECr a suba do salario mínimo interprofesional, a reversión dos aspectos máis lesivos da Reforma Laboral e a derogación da Reforma das Pensións son os seus obxectivos.

Hoxe celebraron a primeira destas convocatorias. En Pontevedra foi diante da Subdelegación do Goberno. Dende alí, reclamaron unha dignificación do emprego.

Os sindicatos esixen tamén ao goberno que recoñeza o esforzo que realizou a clase traballadora durante a pandemia, por iso reclaman unha saída xusta á recesións que estamos a vivir.

Con este fin, UXT e Comisións Obreiras lanzaron un chamamento á cidadanía para que se mobilice nas rúas o vindeiro 1 de maio, Día Internacional dos Traballadores.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí