PONTEVEDRA> A Xunta de Galicia e Elnosa veñen de chegar a un acordo para o cese de actividade da empresa en Lourizán a partires de finais do 2016, con remate definitivo no último trimestre do 2017. A cambio, o Goberno Galego renovará os permisos medioambientais ata esa data e facilitará a súa reubicación nun novo emprazamento que podería fixarse en calquera punto de Galicia, aínda que se dará prioridade ó entorno de Pontevedra. A Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia asinou hoxe un acordo ca empresa Elnosa para que a empresa deixe de adicarse á producción de cloro en Lourizán. En virtude deste acordo Elnosa retira as reclamacións legais presentadas contra a Xunta pola renovación da autorización medioambiental integrada e comprométese a buscar outra alternativa de ubicación na que seguir producindo pero ca tecnoloxía das membranas, moito máis respectuosa co medioambiente. Deberá propoñer nos vindeiros 10 meses alomenos dúas alternativas, preferentemente en chan industrial e unha delas na área de influencia de Pontevedra aínda que o espectro territorial ábrese a toda Galicia e será a empresa quen decida. A cambio a Xunta dará estabilidade xurídica para este período renovando axilmente a Autorización Ambiental Integrada ata o seu traslado, e facilitando a súa reubicación só de xeito loxístico. Entenden desde a Xunta que esta decisión outorga seguridade xurídica a plantilla, alomenos tres anos máis; e sinalan entre liñas, que esta debe ser a vía de colaboración a seguir por outras empresas contaminantes situadas nesta ría. Ante as insistentes preguntas sobre o caso ENCE, ó Conselleiro non lle quedou outra que pronunciarse sobre estoutros caso con matices semellantes. Agustín Hernández avoga polo consenso tamén nesta situación. As primeiras reaccións non se fixeron agardar. Ó voceiro dos populares en Pontevedra, Jacobo Moreira, faltoulle tempo para apuntar que se Elnosa marcha de Pontevedra é porque o Concello local non ten chan industrial dispoñible por carecer dun PXOM rematado que o estipule. Pola súa banda, o Concello de Pontevedra asegura que este acordo entre as partes non é máis que unha manobra política para gañar tempo e demorar ata as próximas eleccións autonómicas a permanencia de Elnosa e ENCE na Ría de Pontevedra, ca consecuente contaminación das mesmas. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/30/ELNOSA.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/30/CONVENIO_ELNOSA.mp4{/flowplayer}
Inicio PONTEVEDRA