Balance positivo do paso por Fitur do “camiño pola costa”

Pontevedra> Balance máis que positivo é o que fixo esta mañá a presidenta da Deputación de Pontevedra despois do seu paso por Fitur. Carmela Silva dixo que o camiño portugués pola costa tivo 1.9 millóns de impactos. A presidenta sentíase orgullosa  do alcance da súa campaña que duplicou en número de asistentes ao resto de Deputacións galegas. 

 

O paso da Deputación de Pontevedra por Fitur deixou pegada, ou así o deixou ver esta mañá a presidenta da Deputación que realizou un balance máis que positivo do seu paso pola feira de turismo internacional que a semana pasada tivo lugar en Madrid. 

Máis de 208 mil persoas tuitearon o hastang do camiño portugués pola costa, tivo 1.9 millón de impactos, o facebook da deputación tivo máis de 107 mil visitas e os videos promocionais foron vistos máis de 37 mil veces. 

Unha posta en escena por todo o alto que Deputación de Pontevedra realizou en Madrid co fin de potenciar o camiño portugués pola costa que percorre 15 concellos da provincia. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/01xaneiro/23/fitur_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/01xaneiro/23/fitur.mp4{/flowplayer}