Nova concentración dos emigrantes na delegación de Facenda

    RIBEIRA> Na mobilización tomaron parte medio cento de pensionistas pertencentes a diversas plataformas de emigrantes retornados en Barbanza e Muros Noia.

    Que se lles facilite a regularización da súa situación para o período 2008/2012, sen recargos nin intereses de demora, que se anulen tódolos expedientes sancionadores e se proceda á devolución de todo o pagado, así como que se realice unha modificación lexislativa que fixe un mesmo réxime de IRPF, con independencia de se estas proceden dun país ou de varios, son algunhas das reclamacións incluídas no escrito que hoxe entregaron na delegación de Facenda en Ribeira. Ás portas do edificio, ataviados con bucinas, tarteiras e asubíos protestaban contra esta medida da Axencia Tributaria que consideran desproporcionada e inxusta, ó descoñecer que tiveran que realizar estas obrigas tributarias. Non pararán de protestar ata conseguir que se lles exima deses tributos, que ademais se queren impor con efecto retroactivo. Piden tamén que ás persoas que xa pagaron se lles devolva os seus cartos. As plataformas de emigrantes retornados do barbanza e Muros Noia non estiveron sós na súa loita. Un grupo de membros do BNG a nivel comarcal, entre os que se atopaba o propio alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños, participaron tamén na concentración, sumándose á súa causa. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/29/mobilizacionemigrantesretornadosbarbanza291013.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/29/mobilizacionemigrantesretornadosbarbanza291013.mp4{/flowplayer}