Boas cifras de afluencia e venta no inicio do Mercado das Flores

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/30/flores600_301013.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/30/flores_301013.mp4{/flowplayer} VILAGARCÍA> Ata o venres está instalado fronte á Praza de Abastos o Mercado das Flores. Centos de persoas están a pasar estes días pola carpa para mercarlles flores ós seus defuntos. Segundo os vendedores, os prezos mantéñense ou incluso baixan con respecto a outros anos pero tamén os cartos que se gastan os clientes. A práctica totalidade dos vendedores de flores que operan na Praza de Abastos de Vilagarcía, participan estes días no Mercado das Flores, instalado na zona peonil anexa á Rúa Vista Alegre. Son as datas do ano no que este sector fai o seu agosto, coincidindo co Día de Defuntos. Para atraer clientela, prezos baixos, aínda que a xente procura non excederse no gasto, que rolda habitualmente entre 15 e 50 euros. Aínda que na xornada de onte o ritmo de ventas foi alto, hoxe e mañá espérase superalo. As rosas e os crisantemos seguen sendo as flores máis demandadas para honrar os nosos defuntos. O mercado das Flores estará aberto mañá, das 08:00 ás 20:00 e o venres pola mañá de 10:00 a 13:00 horas.