BOIRO> A previsión de novos recortes do profesorado para o curso que vén, leva ós pais do colexio Santa Baia de Boiro a mobilizarse. Teñen convocada para mañá, ás nove menos cuarto, unha mobilización ás portas do centro educativo. Entre outros aspectos, pídenlle á Consellería que non elimine un dos tres grupos previstos para primeiro de primaria e se dote ó colexio de tres prazas de profesor especialista en Audición e Linguaxe e outras tres de Pedagoxía Terapéutica.
Un grupo de país e nais de sexto de infantil do colexio Santa Baia de Boiro teñen previsto concentrarse mañá mércores, ás nove menos cuarto da mañá, diante do centro educativo. O motivo da súa protesta, para a que contan tamén coa apoio do propio colexio e da ANPA, non é outro que reclamarlle á consellería de Educación manteña os tres grupos actuais de primeiro de primaria.
Outra das súas reclamacións ten que ver coa necesidade do centro de poder contar con tres prazas de profesor especialista en Audición e Linguaxe e outras tres de Pedagoxía Terapéutica debido a que no colexio cursan estudo ó redor duns 50 nenos con necesidades especiais.
Os país, que iniciaron tamén unha recollida de sinaturas, só piden que se lles escoite e se teñan en conta as súas reclamacións, pois polo de agora só tiveron a calada por resposta por parte da xefatura territorial da consellería de Educación.