O II Peter’s Room desembarca o venres en Bianco e La Goleta

    VILAGARCÍA> Trátase dunha especie de showroom que serve de mostra para creadores emerxentes. Esta mañá foi presentado pola edil de cultura Rocío Llovo. Dada a boa acollida que tivo este pasado verán, no que se organizou por primeira vez, o Peter’s Room volve por Defuntos. Unha proposta para toda a familia na que diferentes artistas e creadores van achegar o seu traballo ó público. Deseño, música, cócteles ou talleres dirixidos ós máis pequenos. Os 14 artistas participantes repártense entre os pubs La Goleta e Bianco, onde se irán desenvolvendo as diferentes actividades entre as 5 da tarde e as 11 da noite deste venres día 1. O grupo Turbolaser presentará o seu novo disco en dous pases, haberá un ciclo de curtametraxes do artista David Fidalgo e música e degustación de cócteles. Antes, pola tarde, no Bianco haberá talleres de manualidades, de diademas e de decoración de cabazas para nenos a partir de 3 anos. Este último tamén o haberá na Goleta, onde se desenvolverán outros dous de repostería e cerámica creativa. A edil Rocío Llovo animou ás organizadoras a seguir na mesma liña de traballo que lles permitiu crear este evento. Tódalas actividades son de balde aínda que para apuntarse nestes talleres é preciso inscrición previa en: petersroomshowroom@hotmail.com {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/30/peter600_301013.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/30/peter_301013.mp4{/flowplayer}