O concello tomará medidas legais para non pagar o incremento da taxa do lixo

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/31/lixo600_311013.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/31/lixo_311013.mp4{/flowplayer} A ILLA> O Concello da Illa non so non repercutirá a suba da taxa do lixo ós veciños senón que vai facer todo o posible por non ter que pagala. Así de claro o deixou o alcalde Manuel Vázquez. Di que se trata dun atraco e que tomarán as medidas legais oportunas para non asumir a suba deste imposto. O primeiro que quixo deixar claro o alcalde é que a suba da taxa do lixo non afectará ós veciños da Illa, que a manterá conxelada. Manuel Vázquez indicou que son as administracións as que se deben apretar o cinto en tempos de crise e non os cidadáns. Referíuse a suba do 34% pretendida por Sogama como un atraco e deixou ben claro que o concello da Illa vai tomar cartas no asunto, coas medidas legais oportunas para que o concello tampouco teña que pagar esta taxa. O principal argumento que esgrime Vázquez é a falta de transparencia nas contas de Sogama. A suba do 34% deixaría un beneficio á empresa pública de dez millóns de euros, ós que habería que descontar os catro millóns do imposto de sociedade. Ó final, seis millóns de euros de beneficio para unha empresa a conta dos cidadáns. Vázquez engadíu por último que o mesmo que el di o pensan tamén moitos alcaldes populares da comarca, pero que non se atreven a decilo.