A VI Festa do Porquiño congregará en Vilaxoán a preto de mil persoas

    VILAGARCÍA> Este vindeiro domingo a parroquia de Vilaxoán celebra a súa xa tradicional Festa do Porquiño. Un evento que chega a súa sexta edición e que conta con repartir ó redor dun milleiro de menús. Empanada, porquiño á brasa, pan, bebida e postre. Este é o menu que se poderá degustar en Vilaxoán, este domingo día 3 a partires da unha da tarde. Os prezos volven ser populares e o menú pagarase a 12 euros. A VI Festa do Porquiño volve a estar organizada polo Club de Remo Vilaxoán, que busca deste xeito recadar fondos para a entidade. Debnde a organización contan con repetir as cifras dos últimos anos e poder vender entre 800 e 1.000 menús, o que suporía para eles en beneficio o 10% do presuposto anual do club. Dende o concello convidan tamén a tódolos vilagarciáns a participar activamente desta festa. As carpas estarán ambientadas con música durante a festa. As reservas poden facerse a través dos números de teléfono: 677.550.323 ou no 678.315.456. Deixaranse 150 menús fóra de reservas para vender o mesmo domingo en taquilla. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/31/porquino600_311013.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/31/porquino_311013.mp4{/flowplayer}