A toxina non de tregua ós mariscadores e mexilloeiros da ría de Muros-Noia

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/04abril/20//toxinamarisqueorianoia2004151.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/04abril/20//toxinamarisqueorianoia200415.mp4{/flowplayer} NOIA> O episodio tóxico na ría de Muros Noia mantén pechados tódolos polígonos de bateas e bancos marisqueiros. Os produtores de Noia, que tralo peche da campaña, traballaban nunha zona de libre marisqueo en Louro levan máis de dúas semanas en terra. Os mariscadores noieses levan máis de quince días parados debido á aparición da toxina. Pechadas as concesións da confraría, na actualidade traballaban nunha zona de libre marisqueo, entre Monte Louro e Faro Rebordiños,, onde a extración de ameixa e, sobre todo, de ameixón, estaba a resultar moi rendible. Sen embargo, a temperá aparición da toxina truncou os plans dos produtores para poder facer un xornal diario. As novas mostraxes que se realizarán nestes días determinarán se pode retomarse a actividade, de cara á semana que vén. A intención dos catro pósitos que faenan neste banco é solicitar, cando reabra, a ampliación da campaña ata maio xa que abril o dan totalmente por perdido. Mentres tanto, a confraría noiesa traballa xa coa vista posta na vindeira campaña polo que se están a realizar tarefas de limpeza e retirada de depredadores. A partir de outubro, os mariscadores volverán á actividade nas concesións da confraría nunha campaña que, se a toxina o permite, semella prometedora.