Os detidos por incendiar os montes galegos aumentan este ano un 150%

SANTIAGO> A estas alturas do ano, o número de persoas detidas como presuntos autores de incendios é de 171, un 150% máis que no mesmo período do ano pasado. É un dos datos que se reflicte no balance do Pladiga, o plan de loita contra incendios da Xunta, no que respecta á actividade da policía autonómica. Para ser exactos, desas detencións, 101 corresponden ó axentes autonómicos e 70 á garda Civil. Foi un dos temas que se trataron no último Consello da Xunta de outubro. Este, e a presentación da conta xeral do 2012.

No que vai de ano os arrestos de presuntos pirómanos en Galicia multiplicáronse un 150% con respecto ó 2012. A 25 de outubro, o número de detencións practicadas elévase a 171. Delas 101 foron realizadas pola Policía Autonómica e 70 pola Garda Civil. Así se recolle no balance do Pladiga que foi ó último Consello da Xunta de outubro. Máis detencións que, segundo o xefe do executivo galego, foron posibles grazas ó incremento do 30% nos efectivos autonómicos de loita contra incendios. 40 desas 171 detencións concentráronse nos meses do verán. En canto ás imputacións, Alberto Núñez Feijoo destacou que case a metade se fixeron por intencionalidade á hora de prender os lumes. Agora, di Feijoo, a pelota está no tellado da Xustiza, para que aplique ‘todo o peso da lei’ sobre aqueles que resulten culpables. Nese consello da Xunta tamén se presentou a conta xeral correspondente ó 2012. Galicia pechou o ano pasado cun 1,29% de déficit, case un cuarto de punto por debaixo do obxectivo fixado para as autonomías e que se situaba nun 1,5. Segundo Feijoo, Galicia sitúase como a segunda comunidade con menor déficit pública, uns resultados que lles permitirá non ter que acudir ó fondo de provedores do Goberno Central. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/31/conselloxunta311013.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/31/CONSELLO_XUNTA_311013.mp4{/flowplayer}