Os peches perimetrais afogan aos comerciantes galegos, que recuperan xa o seu horario habitual

GALICIA> Tras tres semanas obrigados a pechar ás seis da tarde, os comercios volveron xa ao seu horario habitual. Así e todo, os empresarios aseguran que esta medida non é suficiente xa que os peches perimetrais afectan gravemente aos seus ingresos.

Os comercios galegos recuperan o seu horario habitual. Tras tres semanas pechando ás seis da tarde, a Xunta de Galicia decidiu aliviar esta semana as restricións antiCovid neste sector. Unha medida positiva para os empresarios pero insuficiente.

Esta valoración esténdese a todo o territorio galego. En Vilagarcía, os comerciantes agradecen a prolongación dos seus horarios pero aseguran que seguirán afogados ata que non se abran os peches perimetrais.

Aos peches perimetrais hai que sumar tamén esta situación. Coa hostalería cerrada, o ambiente nos comercios de toda Galicia diminúe.

Ante esta situación, son moitos os negocios que decidiron voluntariamente adiantar os seus horarios de peche.

A vindeira semana a administración autonómica volverá a anunciar novas medidas. Os comerciantes agardan que nesta ocasión, as decisións da Xunta lles permitan revivir imaxes coma esta.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí