Feijóo no Parlamento: ‘Veñen semanas moi duras no ámbito sanitario’

GALICIA> O presidente da Xunta anuncia a incorporación de máis de 350 novos profesionais sanitarios para facerlle fronte á expansión do coronavirus. Alberto Núñez Feijóo compareceu hoxe no Parlamento Galego para dar conta da xentión da crise sanitaria. Alí, avanzou tamén novas medidas econonómicas para dotar de liquidez á comunidade.

A comparecencia de Feijóo deixa unha imaxe insólita dun baleiro Parlamento. Na súa intervención na Deputación Permanente, o presidente anunciou a contratación de máis de 350 profesionais sanitarios.

Dixo que a Xunta tentou dende o primeiro minuto tentar adiantarse á pandemia.

Na súa comparecencia anunciou que se suspenden os prazos de presentación dos impostos autonómicos e un plan para dotar de liquidez á comunidade. Tamén avanzou a compra de máis material sanitario.

Recoñeceu que o que aínda está por vin non vai ser doado. A oposición apoiou as medidas do goberno  galego, aínda que con críticas á súa xestión.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí