Galicia recibiu 3,5 millóns de turistas no 2021 malia a pandemia

SANXENXO> Os datos turísticos que deixa o 2021 foron analizados hoxe en Sanxenxo, nun encontro entre a Xunta e o Clúster de Turismo. Galicia situouse 25 puntos por riba da media estatal en canto á recuperación da actividade turística, con 3,5 millóns de viaxeiros. Salientan tamén a boa acollida do bono turístico, coa venda de 12.000 tarxetas.

Galicia rematou o 2021, en materia turística, mellor do que se agardaba. A comunidade situouse 25 puntos por riba da media estatal en canto á recuperación da actividade turística con 3,5 millóns de viaxeiros. Esta mañá, en Sanxenxo, a Xunta e o Clúster de Turismo de Galicia fixeron balance. Cren que o éxito galego foi apostar por un modelo turístico tranquilo, reforzando a mensaxe de destino seguro.

O vicepresidente da Xunta entende que estes bos resultados débense tamén ás medidas implantadas pola Xunta para apoia-lo sector. Entre elas, o seguro coronavirus ou o bono turístico.

Tanto o goberno galego como o sector confían en mellora-los datos neste 2022 co obxectivo, din , de consolidar a  Galicia como un destino de excelencia, rendible e sustentable.

O encontro serviu, ademais, T para agradecer ao sector a súa profesionalidade e implicación para garantir a seguridade nos seus negocios durante a pandemia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí