A CIG acusa a Comisións obreiras de actuar en contra dos traballadores de Thenaisie Provote

O GROVE> A venda da empresa Thenaisie Provote sufre outro parón. Unha alegación dun dos posibles compradores pode provocar que a administración concursal rexeite as outras dúas por non cumprir cos requisitos previos. Dende a CIG culpan a Comisións Obreiras de estar actuando en contra dos intereses dos traballadores.

A posibilidade dun final feliz para a venda de Thenaisie Provoté complícase cada vez máis. Desta volta o conflito xurde entre os posibles compradores e os sindicatos. A administración concursal conta con tres ofertas para facerse coa compañía. Pero un dos posibles compradores alegou que as outras ofertas non se fixeron correctamente. Dende a CIG culpa a Comisións Obreiras de favorecer esta alegación en contra dos intereses dos traballadores.

Dende a CIG engaden ademais que esta alegación é falsa.

A CIG acusa a Comisións Obreiras de actuar en contra dos intereses dos traballadores.

A CIG e as empresas afectadas levarán o conflito aos tribunais para que se acepten as outras dúas ofertas a concurso. Ademais dende o sindicato tamén denuncian o acoso e as presións que sofren por parte da empresa que presentou a alegación e dos delegados de comisións obreiras.

Ademais das denuncias, a CIG comezará coas mobilizacións nas vindeiras datas. A primeira manifestación terá lugar diante da administracións concursal.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí