A oposición denuncia que os orzamentos vilagarciáns son os peores da historia

    VILAGARCIA> O Concello de Vilagarcía está a celebrar arestora un dos plenos municipais máis intensos dos últimos tempos no que se falou, sobre todo, do orzamento municipal previsto para o vindeiro ano. Un documento económico n o que se recolle a suba do IBI, que tivo unha intensa contestación social por parte de plataformas cidadás e da oposición. Os veciños de Vilagarcía volveron a protagonizar un pleno municipal. Desta volta, a plataforma cidadá contra a suba do IBI tomou a palabra para reclamar que adíe o incremento desta taxa, habida conta da difícil situación que está a vivir a cidadanía. Nas súas alegacións reclamaban unha reducción da porcentaxe ó 0.52 %, unha bonificación do 5% por domiciliación bancaria e unha axuda para aquelas familias que non superan en ingresos o salario mínimo interprofesional. Do Alcalde arrancaron un compromiso de acudir á súa xuntanza informativa no Auditorio o vindeiro 4 de decembro ás oito da tarde en función da súa axenda. Anunciáronlle tamén a manifestación que teñen prevista para o 13 de decembro á mesma hora fronte ó Concello. E vencellado directamente con esta suba do IBI e a revisión catastral que leva parella transcorreu o debate sobre os orzamentos para o vindeiro ano 2014. Un presuposto que para o PP vai un importante gasto social e volve a realizar investimentos e que para a oposición só encubre falsidades e enganos a unha poboación duramente castigada polas cifras de exclusión social. O pleno vilagarcián seguía a desenvolverse ó peche desta edición. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/29/pleno_vi.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/29/pleno_vilagarcia_291113.mp4{/flowplayer}