A sala Briones de Vilagarcía acolle a exposición Do Invisble con obras de Chelo Rodríguez, Fernando Carballa, Francisco Pazos e Isabel Pintado

VILAGARCIA> En Vilagarcía xa está dispoñible a exposición Do Invisible. Unha mostra que recolle diferentes obras artísticas dos autores Chelo Rodríguez, Fernando Carballa, Francisco Pazos e Isabel Pintado. Poderá visitarse na Sala Briones ata o 11 de setembro.

A arte do invisible é unha exposición que se pode visitar na Sala Rivas Briones de Vilagarcía. A mostra componse de pezas de catro artistas: Chelo Rodríguez, Fernando Carballa, Francisco Pazos e Isabel Pintado. Nela recóllese a través da pintura e a escultura imaxes daqueles obxectos ou paisaxes que forman parte do noso día a día e que non soemos admirar.

A pintura de Chelo Rodríguez destaca pola súa representación de grandes espazos con cores atractivas e vitalistas de elementos cotiáns e sinxelos, a arte de Isabel Pintado baséase na expresión lírica e poética da natureza, a escultura de Fernando Carballal presenta unha pezas de cerámica de porcelana que seducen pola súa xeometría e as creacións de Francisco Pazos distínguense polo seus deseños que simulan os efectos da natureza feitas pola natureza. Un conxunto de obras de gran calidade que poderán observarse en Vilagarcía.

A exposición estará dispoñible ata setembro.

A entrada é gratuíta e os espazo conta con todas as medidas sanitarias para garantir a seguridade.