Comité de Elnosa “ Os políticos trátannos como delincuentes”

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/04/elnosa_1.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/04/comite_elnosa_041113.mp4{/flowplayer} PONTEVEDRA> O Comité de empresa de Elnosa ven de pronunciarse tralo convenio ó que aseguran que a Xunta de Galicia obrigou a asinar á empresa para a que eles traballan. Anuncian que non se van a quedar de brazos cruzados ata finais de outubro do 2017 cando comece o cese da súa actividade industrial en Lourizán e que en breve comezarán cas mobilizacións. Caras longas e tensas na comparecencia desta mañá do Comité de Empresa de Elnosa, logo de que o pasado xoves a dirección da Empresa lles dese conta do acordo ó que viñan de chegar ca Consellería de Medioambiente: un protocolo de desmantelamento da actividade con cese a finais de outubro do 2017 a cambio dunha prórroga na Autorización Ambiental Integrada ata esa data. Unha chantaxe, en verbas dos 85 empregados directos de Elnosa, que suporá na práctica o fin dos seus empregos. Estes traballadores denuncian que namentres o Goberno Galego apoia outros sectores industriais e económicos; e mesmo ten un dobre vara de medir no entorno medioambiental de Lourizán, aludindo directamente á factoría de ENCE, cando no caso de Elnosa esta a tratar ós traballadores como delincuentes. Séntense amais víctimas da desinformación interesada doutros grupos chamados ecolóxistas fortemente politizados como a PDRA ós que acusan de enganar á opinión pública baixo o patrocinio do BNG. Así pois, defenden o papel de Electroquímica del Noroeste para o benestar de vida da cidadanía en cuestións vitais como a potabilización de auga e piden que se incremente a información sobre a súa actividade profesional. Ó mesmo tempo, xa anuncian que trazarán un calendario de mobilizacións para facer que a empresa, cando menos, se manteña no entorno próximo para poder seguir mantendo os 250 postos de emprego que supón ELNOSA, entre directos e indirectos. A un día de que se publiquen as últimas cifras do paro, delegados sindicais e os propios sindicalistas cargan tintas contra o PP acusándoos directamente de ser os culpables da destrucción do emprego.