Detido o presunto autor dos roubos en vehículos nos arredores da piscina

RIANXO> A Policía Local detivo a un veciño da localidade de 28 anos que responde ás iniciais R.A.B. Os axentes sorprendérono ‘in fraganti’ cando intentaba roubar no interior dun vehículo estacionado no aparcamento da piscina municipal. No momento da detención intervíuselle tamén unha machada, ferramenta empregada ó parecer para cometer os feitos. Nas últimas semanas foron varias as persoas que denunciaron roubos no interior dos seus vehículos que estaban estacionados nos arredores da instalación deportiva, razón pola cal a Policía Local decidíu iniciar un dispositivo especial de vixilancia que finalmente deu os seus froitos. Segundo informaron fontes policiais o individuo actuaba seguindo o mesmo modus operandi no entorno da instalación deportiva a última hora da tarde, e sobre vehículos con obxectos depositados á vista. O prendido, ó que xa lle constan antecedentes anteriores por feitos similares, foi xa pasou a disposición xudicial no xulgados de Padrón.