‘Pode chamarse insubmisión, pero non respectaremos o teito de gasto’

PONTEVEDRA> O edil de Facenda de Pontevedra, Raimundo González, insiste en que o executivo local non respectará o teito de gasto marcado polo goberno central e Xunta. En plena negociación dos presupostos para o 2014, González asegura que de aplicar as restricións marcadas estarían incumprindo o seu deber: a defensa dos intereses dos veciños ‘por riba de todo’. Despois de prorrogar o orzamento do 2012, o bipartito pontevedrés traballa xa no deseño das contas para o próximo ano. Unhas contas que ascenderán ós 65 millóns de euros, un 3,3 por cento máis que hai dous anos, e nas que non se terá en conta o teito de gasto. Chámese insubmisión ou non respectar as regras, di o edil de Facenda Raimundo González que se ven na obriga de facelo para poder contar cuns presupostos expansivos, que aposten polo investimento e por dinamizar a economía local. TOTAL Segundo o borrador no que traballan, as partidas que levarán gran parte dos 65 millóns de euros serán os gastos, de persoal e correntes. En ámbolos dous casos aumentan con respecto ás contas do 2012. Para pagar ós empregados municipais resérvanse 20.125.764 millóns de euros, 115.000 máis que nos presupostos prorrogados, e para os gastos correntes 28.945.959 millóns, o que supón unha suba de 1,2 millóns. Medran os gastos pero tamén o capítulo de investimentos, un 21% situándose nos 6,5 millóns. González insiste en que o goberno local nunca gastou máis do que ten, pero tampouco van aforrar se poden investir. E se teñen que facer ‘un plan económico para demostralo, ‘farano’. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/04/raimundo041113.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/04/XUNTA_GOBERNO_PONTEVEDRA_041113.mp4{/flowplayer}