Os traballadores de Lantero abren unha conta para axudar os seus compañeiros

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/11/seguimento_traballadores.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/11/seguimento_traballadores.mp4{/flowplayer} 

 

VILAGARCÍA> Os traballadores de Lantero veñen de dar o primeiro paso para formar a súa caixa de resistencia. Esta mañá, unha asociación a nome da plantilla abriu unha conta para recadar aportacións de persoas, entidades e institucións que queiran axudar aos traballadores que peor o están a pasar pola folga. Recordemos que o parón indefinido mantense dende o pasado 13 de outubro.

A piques de que se cumpra un mes dende o arranque da folga, os traballadores de Lantero poñen en marcha un mecanismo para axudar aos compañeiros que peor o están a pasar. Esta mañá abriron unha conta para que funcione como caixa de resistencia.

A pesares das dificultades, aseguran que os ánimos non decaen.

Eles manteñen as gardas no entorno da fábrica de Lantero, no polígono do Pousadoiro. Pero advirten de que a actividade nas instalacións é cada vez menor, incluso os traballos de administración.

Dende que o venres pasado se romperan as negociacións, os traballadores están agora á espera de volver ser convocados pola empresa para falar do novo plan de viabilidade anunciado pola compañía.