Accidente mortal en Lousame

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/07/accidentemortalnoia071113.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/07/accidentemortalnoia071113.mp4{/flowplayer} LOUSAME> Unha colisión entre dous vehículos, na estrada AC-308, que une Noia e Lousame, saldouse cunha vítima mortal, a condutora dun dos coches implicados no sinistro. O suceso tiña lugar ó redor das doce, na estrada AC-308, que une os concellos de Noia e Lousame, no lugar da Rasa. No sinistro víronse implicados dous turismos, un todoterreo marca Ssangyong Actyon e un Seat Ibiza. Por causas aínda por determinar, o condutor do todoterreo, no que viaxaban dúas persoas, invadiu o carril contrario, colidindo co outro vehículo. A consecuencia do golpe, a condutora deste último María Teresa Outeiro García, de setenta anos de idade, veciña do lugar de Cruído, no municipio de Lousame, falecía no acto. Ata o lugar do accidente desprazouse un amplo dispositivo de emerxencias, entre os que se atopaban membros dos servizos de emerxencias municipais de Noia e Brión, Policía Local de Noia e Garda Civil de Tráfico, así como tamén unha ambulancia asistencial e persoal sanitario do Centro de Saúde noiés, que xa non puideron facer nada pola súa vida. Nun primeiro momento, por se fora necesario tamén se activou o helicóptero do 112.