Portos instalará cámaras e novos brazos de amarre nas Goritas

    CAMBADOS> De aquí a final de ano os usuarios dos pantaláns das Goritas, en Cambados, disporán de novos brazos de amarre e cámaras de seguridade coas que intentar paliar os constantes saqueos ás embarcacións. As actuacións beneficiarán tanto a profesionais do mar como ó sector da náutica recreativa. Hai tempo que os usuarios dos pantaláns das Goritas, en Santo Tomé, veñen sufrindo roubos nas súas embarcacións e demandando unha mellora nas condicións de atraque. Estas necesidades vanse ver respondidas en breve por Portos de Galicia grazas á instalación de cámaras de seguridade e novos brazos de amarre. No tocante ás cámaras, Portos non garante que coa súa colocación vaian cesar os actos vandálicos. Como medida disuasoria poden funcionar, pero a vixilancia das instalacións, puntualiza o presidente da entidade, non lles corresponde a eles. As dúas actuacións terán en conxunto un custe próximo ós 30.000 euros e desde Portos de Galicia agardan que poidan estar rematadas a finais deste mesmo ano. Destas melloras veranse beneficiados profesionais do mar e usuarios da náutica recreativa, posto que neste pantalán conviven os dous colectivos. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/08/goritas.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/08/PORTOS_REUNION_GORITAS.mp4{/flowplayer}

    Comments are closed.