A Bandeira Deputación repartirá 9.500 euros en premios

bandeira250_110610.jpgPONTEVEDRA> Á proba que se dipute en Porto Meloxo (O Grove) acuden dez embarcacións, todas elas da provincia de Pontevedra. Non é puntuable para a liga galega pero sí moi atractiva para os clubes polos cuantiosos premios que se reparten.

O deputado de Deportes, José Enrique Sotelo, presentou esta mañá no Pazo Provincial, o programa da Bandeira da Deputación de Pontevedra, que mañá congrega en Porto Meloxo ós dez clubs de remo da provincia. Ó acto asistiu tamén o vicepresidente do Club de Remo Amegrove e Presidente da Liga Galega, Diego Portela, que este ano organiza a proba.

Un trofeo que contará cun orzamento en premios de 9.500 euros. Tódolos participantes levaranse unha boa cantidade: o gañador, 1.250 euros, e o último 700. O resto, unhas cantidades intermedias.

Unha regata que se disputará sobre 5.556 metros e con seis longos, polo que será moi vistosa para o público asistente.

A XX Bandeira Deputación estará dividida es dúas quendas: na primeira competirán Amegrove, Vilaxoán, Vila de Cangas, Coruxo e Robaleira, mentres que na segunda o farán Meira, Tirán, Náutico de Vigo, Mecos e Chapela.

Redacción Salnés