PONTEVEDRA> O Concello de Pontevedra ultima os detalles de dúas obras no casco urbán que estarán rematadas esta mesma semana. De feito, prepara cadansúa discreta inauguración para as obras do parque infantil na rúa Valentín García Escudero e para a zona semipeonil comercial de Benito Corbal. Este aspecto da rúa máis comercial de Pontevedra xa é historia. Desde esta semana esta estrada do centro pontevedrés deixará de ser núcleo de frecuentes atascos no que interactuan perigosamente peóns e automóbiles e pasará a ser unha rúa semipeonil, con restriccións para o tráfico rodado, acorde ás rúas máis céntricas da Cidade. Esta é a última das remodelacións acometidas polo Concello de Pontevedra na Rúa Benito Corbal, que se inaugurarán xa esta semana grazas á colaboración cidadá e á celeridade da empresa na execución das obras. Esta inauguración terá un caracter popular e sinxela ca actuación dunha banda de música acomodada nos nosos sentadoiros de mobiliario urbán dispostos. Pero esta non será a única inauguración destes días na Cidade do Lérez senón que tamén tocará cortar a cinta no Parque Infantil de Valentín García Escudero, unha vez que tamén se remataron as actuacións de adecentamento no espacio arqueolóxico. Neste entorno de xogos para os máis cativos tamén se instalarán ata unha decena de bancos, especialmente na zona de agarda do bus, para facilitar o repouso dos veciños. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/11/BARA.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/11/OBRAS_PONTE4VEDRA_111113.mp4{/flowplayer}
Inicio PONTEVEDRA