Os celadores maniféstanse para pedir contratacións transparentes

PONTEVEDRA> Os celadores de Pontevedra manifestáronse este venres en demanda de máis traballo e dunhas condicións de contratación xustas e transparentes. Esta foi a primeira das mobilizacións en torno a sanidade da xornada posto que pola tarde tamén tivo lugar neste mesmo escenario outra mobilización en defensa da Gratuidade da Sanidade. Tal e como anunciaran esta semana, os celadores que están recollidos nas listas de agarda dos Hospitais de Pontevedra manifestáronse ás portas do Hospital Provincial da Capital do Lérez para esixir unhas condicións laborais dignas. Piden que se lles chame para traballar posto que vacantes hainas e ó tempo esixen que as condicións destes avisos sexan xustas e transparentes. A manifestación avanzou por varias rúas da cidade para divulgar a súa mensaxe entre a cidadanía. Aseguran os celadores que as súas condicións laborais teñen moito que ver ca atención ó doente posto que lles repercute directamente, ás veces, con cuestións tan sinxelas, como ó cambio postural dun hospitalizado ou o traslado á tempo para algunha proba diagnóstica. Esta é a primeira dunha nova quenda de mobilizacións pero non será a derradeira, posto que prometen seguir mobilizándose ata que se atendan as súas demandas. E a sanidade seguiu estando na rúa este venres posto que pola tarde programouse unha mobilización, neste mesmo lugar, baixo o lema “ O Copago mata. Pola defensa da gratuidade na sanidade galega “ desta volta organizada por CIG- Saúde. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/08/MANIFA_CELADORES.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/08/manifestacion_sanidade_081113.mp4{/flowplayer}