PP e PSOE evitan falar sobre unha posible moción de censura en Pontevedra

PONTEVEDRA> Polo de momento, as posturas na oposición continúan como estaban o pasado venres 29 de decembro. O Partido Popular reclama ao goberno local que retire o proxecto de orzamentos. E os socialistas queren que o equipo de Fernández Lores sente a negociar para conseguir os seus apoios. Polo de momento, ningunha das formacións fala sobre a posible moción de censura.