En Viveiros O Piñeiro xa teñen todo listo para sorprender a túa nai neste 6 de maio

Pontevedra> Os establecementos comerciais xa preparan todo para o primeiro de maio, para o Día da Nai. Unha xornada especial onde cada quen quere sorprender co seu agasallo. Dende Viveiros o Piñeiro xa teñen todo listo para celebrar esta xornada, con agasallos para todos os gustos e para todos os petos, que van dende as flores que nunca fallan, ata elementos decorativos ou de xardín.

O día da nai é un día especial, unha xornada onde cada filla ou fillo quere ofrecer o seu mellor detalle, algo orixinal e persoal. Pois ben dende Vivieros O Piñeiro teñen moita oferta para conseguir sorprender neste 6 de maio.

Viveiros O Piñeiros conta con agasallos para todos os gustos e idades

E o que é máis importante, agasallos para todos os petos.

Dende este establecemento saben que somos de última hora, co cal agardan ter moito traballo e pedidos de cara a vindeira semana, iso sí, lanzan unha mensaxe clara, se teñen calquera tipo de dúbida vaian a este establecemento que lles ofertarán o seu mellor produto para sorprender nun día tan especial.

Así que xa o saben, agárdanos en Viveiros O Piñeiro, na carretera de Vilagarcía, quilómetro 6. En horario de luns a sábados de 10:00 a 21:00 ininterrompido e os domingos de 10:00 a 14:00.