Máis de 300.000 euros para mellorar os camiños do rural de O Salnés

PONTEVEDRA> 3,2 millóns de euros para mellorar os camiños rurais. Esta é a contía que a Xunta de Galicia repartirá entre os municipios da provincia de Pontevedra. En concreto, a achega para as localidades da comarca de o Salnés acadará os 318 mil euros. Fixar a poboación no rural e mellorar a calidade de vida dos seus veciños. Estes son algúns dos obxectivos do Plan de fixación da Xunta de Galicia, dotado con 231 millóns de euros. Hoxe en Pontevedra a Conselleira do Medio Rural presentou unha das iniciativas concretas: o acondicionamento de camiños rurais de titularidade municipal. Co fin de conseguir a cohesión territorial, Medio Rural destinará 3,2 millóns de euros para a provincia de Pontevedra, dos que 318 mil recaerán en concellos da comarca de O Salnés. Hoxe o plan foi presentado aos rexedores e concelleiros pontevedreses. Estes fondos, que se repartiron dacordo coa Federación Galega de Municipios e Provincias, permitirá actuar nuns 650 quilómetros en toda a comunidade ao longo dos vindeiros dous anos. En toda Galicia, o investimento será de 16 millóns de euros.