‘Hoxe está de moda o Gin Tonic, pero nesta zona o cóctel está entrando lentamente’

O GROVE> Innovar e ofrecer un plus de calidade no trato ó cliente adoitan ser ferramentas clave para a supervivencia dos establecementos hostaleiros. E para conseguilo, nada mellor que unha boa formación. Cando menos isto é o que pensan na asociación de hostaleiros do Grove. Por iso, durante todo este inverno desenvolveranse cursos e xornadas especializadas en función das demandas do sector. O primeiro comezou este mércores: unha clase mestra sobre Coctelería moderna e Gin Tonics. O GROVE> Innovar e ofrecer un plus de calidade no trato ó cliente adoitan ser ferramentas clave para a supervivencia dos establecementos hostaleiros. E para conseguilo, nada mellor que unha boa formación. Cando menos isto é o que pensan na asociación de hostaleiros do Grove. Por iso, durante todo este inverno desenvolveranse cursos e xornadas especializadas en función das demandas do sector. O primeiro comezou este mércores: unha clase mestra sobre Coctelería moderna e Gin Tonics a cargo do experto Daniel Silva. E é que ser un bo barman non é doado. Aínda que máis alá de tentar ofrecer un auténtico espectáculo de malabares, o que conta é a calidade do preparado. Seducir ó cliente polo padal, e pola vista. A elevada participación que rexistrou a clase dá unha idea da necesidade de formación que demandan os integrantes da Asocaición de Hostalaría. Un programa que desde a dirección da entidade deseñaron pensando nas necesidades dos socios, abarcando contidos de interese para bares ou locais de lecer nocturno, como é o caso deste curso, así como para campings, hoteis ou restaurantes. Outro dos aspectos que non queren perder de vista é a aposta polas novas tecnoloxías. Segundo explica Beatriz Castro, na actualidade hai aínda establecementos no Grove que non contan con páxina web propia ou a súa presenza en internet non é a axeitada. A través deste plan intentarán tamén corrixir e mellorar estas eivas potenciando as competencias multimedia. Os cursos e xornadas están dirixidos a socios pero tamén abertos a calquera persoa allea interesada. En función desta variable e do cariz da actividade, haberá algunhas gratuítas e outras cun custe mínimo. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/08/cursococteleria.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/08/CURSO_COCTELERIA_GROVE.mp4{/flowplayer}