Nova viaxe solidaria do Club de Xadrez de Pontevedra aos campos de refuxiados

Pontevedra> A escola de Xadrez de Pontevedra creará un segundo centro no campo de refuxiados en Xordania. Nesta ocasión a viaxe será do 6 ao 17 de abril. Neste ano a delegación levará material escolar cedido por 8 centros da provincia. A Escola de Xadrez de Pontevedra viaxará un ano máis ao campo de refuxiados de Azraq, en Xordania, onde crearán o segundo centro neste espazo. Este ano ademais dende a Escola levarán material de Xadrez, e un debuxo para cada un dos nenos que están no campo e material escolar cedido por 8 centros da provincia e baixo o lema cor, lapis e goma=un sorriso. Dende a escola de xadrez dixeron o importante que é achegar esta disciplina aos pequenos, pero sobre todo, aos maiores que pasan moitas horas neste campo de refuxiados sen ningunha actividade que facer máis que comida para os seus pequenos. Este mércores 5 de abril a partir das sete da tarde dende a escola de xadrez de Pontevedra organizarán un acto no Casino Mercantil co fin de expoñer todo o material que se vai a levar a esta viaxe ao campo de refuxiados en Xordania. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/03/xadrez_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/03/xadrez.mp4{/flowplayer}