Xullo deixa un 74% de ocupación nas Rías Baixas

Pontevedra. Xullo acadou unha ocupación media do 74 por cento nas Rías Baixas. Un resultado positivo, o do pasado mes e segundo a Presidenta da Deputación, despois de sufrir numerosas cancelacións debido ao mal tempo. Os motivos principais dos que nos visitan seguen sendo o ocio e a cultura.

Pese o mal tempo o turismo tivo boa cara no mes de xullo que deixou uns datos de ocupación do 74 por cento na provincia. A comarca do Salnés chegou ao 75 por cento, Pontevedra ao 72,5 e Caldas ao 88,62.

Un turismo que tal e como dixo esta mañá a presidenta está conseguindo ser de cada vez máis internacional,.

En relación ao turismo rural acadou unha ocupación do 70 por cento no mes de xullo, 3 puntos máis que no pasado ano. En termos xerais o 83 por cento do turismo que nos visita é do Estado e o 17 por cento estranxeiros. Os principais motivos de visita son o ocio e a cultura