Touroperadores alemáns visitarán a comarca do Salnés

    VILANOVA> A Mancomunidade do Salnés recibirá a vindeira semana a tres touroperadores alemáns e a unha axencia especializa en márketing turístico tamén do país xermano. Chegarán o mércores e estarán ata venres percorrendo tódolos concellos desta comarca. A Mancomunidade indica que está a traballar a marchas forzadas para promover o Salnés no mercado internacional. Levan xa 7 meses nos que xa contactaron con touroperadores de Kazajistán, Rusia e Ucrania e aseguran que xa se empezan a ver algúns resultados, como o aumento de turistas rusos no Grove ou na Toxa na última Festa do Marisco. Pero recoñecen que é un proceso lento. Os touroperadores alemáns que virán a vindeira semana xa venden algunha viaxe a Galicia, principalmente o Camiño de Santiago e no programa incluíronlles un percorrido pola Traslatio, a ruta marítima que remonta o Ulla e outro pola variante espiritual do Camiño Portugués, ademais dunha visita a Santiago. Precisamente, dunha nova ruta do Camiño de Santiago falou hoxe o presidente da Mancomunidade con responsables de Patrimonio. Trátase dunha peregrinación que percorre tódolos concellos do Salnés e que narra Frai Martín Sarmiento no seu libro Viaje a Galicia. O alcalde tamén abordou con Patrimonio as posibilidades do Pazo Vista Real e das actuacións que se poden realizar para a súa posta en valor. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/08/VILANOVA_CAMINO_PAI_SARMIENTO.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/08/VILANOVA_CAMINO_PAI_SARMIENTO.mp4{/flowplayer}